FIN DE CURSO 2017-2018

O 21 de xuño rematou o curso 2017/18, para despedirnos fixemos un festival ó que invitamos a escritora  Tamara Andrés que nos deleitou cun espectáculo de poesía e imaxe.
 Repartimos os premios dos concursos no que participou o noso alumnado: Certame literario "Hora de escribir" , Concurso de adhesivos e de banda deseñada. Rematou a festa con música no patio para todos.

Gañadores da Hora de escribir:
  •  - 1º premio: Manuel Arnoso Dovalo      (3º ESO A)
    - 2º premio: Natalia Díaz Padín                 (1º ESO C)
    - 3º premio: Zaira Muñiz Míguez               (3º ESO B)
                        Sara Sánchez Fernández         (2º ESO C)
  • Gañadores do Certame literario do Instituto de Baltar (Sanxenxo) :
  •  Categoría A:
    - Santiago Reinal Giménez (1º bach. B)
    - Iria Guiance Piñeiro (1º bach. D)
    - Noa Méndez Piñeiro (1º bach. C)
    - Saray Lorenzo García (1º bach. C)
    - María Villanueva Agís (1º bach. B)
    - Gabriel Mosquera Riande (bach. A)
    - David Chan Radío (1º bach. D)
    - Manuel Otero Portas (1º bach.C)
    - Walda González Piñeiro (1º bach. C)
    Categoría C:
    - Lucía Villanueva Parada
    - Samar Rodríguez Costas
    - Nuria Carballa Silva
  • Concurso de adhesivos organizado por Normalización Lingüística:
                    - Santiago Reinal Giménez (2º premio bacharelatos e Ciclos).
                    - Finalistas: Sara Garrido
                                        Iván Sanmartín
                    - 2º Ciclo da ESO:
                       - Andrea Ara Solla
                       - Natalia Revuelta Medina
  • Concurso de Banda deseñada (Revista Enormic Banda):

    - María Weiss (3º ESO A)
          - Daniel Castro Besada ( 2º ESO C)

 PARABÉNS A TODOS/AS


 Bo verán a todos os membros da  Comunidade escolar!

Ata setembro!!!!!!!!!!!!

EXCURSIÓN A ATAPUERCA- ALTAMIRA

O alumnado de bioloxía de 4º da ESO e 1º de bacharelato foron do 16 ao 20 de maio a diferentes lugares de interés: Atapuerca, Cabarceno, León, Altamira, As Médulas,etc. Os profesores que  organizaron a viaxe foron Lourdes Acuña e Jorge José Pérez Maceira do Departamento de Bioloxía, acompañounos na excursión o profesor de Lengua e Literatura castelá Manuel Radío.
Según non informaron a volta a saída resultou moi entretida, divertida e didáctica.
Parabéns a todos/as.

Excursión de 1º e 2º da ESO- clubs de lectura



VISITAMOS PADRÓN

O alumnado de 1º e 2º de ESO  puxo fin ás actividades do Club de Lectura achegándose a Padrón.
A andaina comezou polo Paseo do Espolón e o centro da vila ata chegar á Casa museo de Rosalía, que visitaron despois dun pequeno descanso no xardín. Xa de volta, repuxeron forzas con xogos e un xeado no xardín botánico.
Unha mañá para compensar os recreos perdidos ó longo do curso.

Debuxando ao aire libre

O 21 de xuño de 2018 o profesor de Plásica Eduardo Pérez Baamonde fixo co alumnado de 4º da ESO unha xornada de saída as Telleiras de Dena para debuxar do natural.
Consistíu na práctica de debuxo e pintura in situ, empregando a técnica da acuarela. Pretendíase a captación dos valores lumínicos e matices cromáticos mediante bosquexos rápidos cos que desenvolver a frescura e a inmediatez propias da acuarela.

Excursión do club de lectura de 4º da ESO


Para rematar coas actividades do club visitamos a 

vila de Rianxo onde, acompañados por un guía 

municipal, percorremos a Casa-Museo de Manuel 

Antonio, o Museo do Mar e os lugares onde 

naceron e viviron Castelao e Dieste. Fíxemos un 

pequeno percorrido pola vila para coñecer os seus 

costumes e tradicións e as características desta 

cidade.




Presentación de ENÓRMIC BANDA

o pasado mércores 6 de xuño realizouse a presentación da revista ENÓRMIC BANDA de banda deseñanada dos EDLG do Salnés no CPI Faro das Lúas en Vilanova de Arousa. 

Este ano os dous alumnos escollidos para publicar o seu traballo na revista foron: María Welss Prol con "Historietas de hospitais" de 3º de ESO e Daniel Castro Besada con "Pokemon" de 2º de ESO.

A revista deste ano ten un toque moi xaponés, dado que no seu limiar colaborou o profesor Takekazu Asaka, profesor da Universidade de Tsudajuku de Toquio e a portada e a contraportada correu a cargo de  Anémona de Río, autora do primeiro manga en galego Tam




O Faro de Vigo e La Voz de Galicia fixéronse eco desta nova. 

Viaxe didáctica do departamento de Relixión


O pasado venres, 1 de xuño, alumnos e alumnas de Relixión de 1º, 2º e 3º de ESO fomos de viaxe  coa profesora Ana, acompañados tamén por Carmen e Isabel.
Visitamos o Castelo de Pambre, en Palas de Rei (Lugo). Lembramos  a Idade Media en Galicia e disfrutamos da construcción e da paisaxe subindo ás torres.
Logo achegámonos á igrexa de Vilar de Donas, tamén en Palas de Rei. Sorprendémonos coa arte románica e gótica que conserva esta igrexa, coa súa historia de donas e cabaleiros relixiosos, vinculada ao Camiño Francés de Santiago. Ben se nota isto, pois atopámonos con bastantes peregrinos.
Por último, collemos rumbo cara a Cabrui (Mesía), á casa da asociación solidaria “Raíña” onde, como outras veces, nos agardaba o cura Víctor para falarnos de perseguir soños que dean sentido á nosa vida. Unha veciña ensinounos a facer queixo co leite das vacas que por alí andan. E asamos chourizos para a merenda, con moi boa man.
Voltamos ao instituto pola tarde, cansos e contentos.








Obradoiro de creación poética.



  Tamara Andrés (Combarro, 1992) é graduada en Tradución e Interpretación e titulada no Máster en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura e no Máster para o Profesorado. Na actualidade exerce como docente de linguas, tradutora e intérprete e realiza a súa tese sobre poesía e tradución na Universidade de Vigo.
En 2015 publicou a novela Amentalista e gañou o Concurso de Poesía O Facho co poemario Nenæspiraes, que foi editado posteriormente baixo o selo Medulia. A finais de 2017 publicou Corpo de Antiochia coa editorial Galaxia. Textos seus foron premiados en diversos certames e publicados en obras colectivas, como na antoloxía. No seu despregar (Apiario).

Alén de poñer en práctica a dimensión sonora e corporal do texto e de participar en proxectos escénicos e audiovisuais, realiza obradoiros poéticos e de animación lectora e dirixe e cordina diversos eventos literarios


Tamara Andrés visitou o  IES de Vilalonga este mércores (30/05/18) para levar a cabo un obradoiro de creación poética no segundo curso de  ESO. A escritora estivo dúas sesións con cada un dos grupos para achegalos á poesía e guialos na creación de textos.

A actividade, promovida polo EDLG coa colaboración da Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega, tivo moi boa acollida entre alumnos e alumnas e pareceulles moi interesante e entretida.






Agardamos ter de novo a Tamara con nós en pouco tempo.