O REXURDIMENTE de DE VACAS

   Aquí temos a revolta liderada pola escritora Rosalía de Castro en Rexurdimente, o tema co que De vacas parodia a canción da Rosalía cantante...

                                   


   Como gustamos destas sorpresas!!! 

PERCORRIDO POLO UNIVERSO PONDALIANO con 1º BACHARELATO


O alumnado de 1º de Bacharelato do IES de Vilalonga tivo a oportunidade o xoves 27 de febreiro de facer un percorrido por Ponteceso, vila de Eduardo Pondal, e por outras paraxes que serviron de inspiración e mesmo lle deron nome a personaxes e lugares dalgúns dos seus poemas.
Comezaron a xornada cunha visita ao dolmen de Dombate e o castro de Borneiro e, despois de pasear por Ponteceso, puideron aproximarse a Anllóns e ao mirador de Monte Branco.






2º DE BACH NO OURENSE DE PEDRAYO E BLANCO AMOR

O xoves 7 de marzo, o alumnado de 2º de bacharelato do IES de Vilalonga tivo a oportunidade de facer un percorrido por algúns dos lugares emblemáticos das novelas de dous grandes escritores da Literatura Galega, Ramón Otero Pedrayo e Eduardo Blanco Amor.
Pola mañá visitaron o mosteiro de Oseira, onde puideron gozar da historia agochada na pedra pero tamén dunha das súas grandes marabillas, a biblioteca; a continuación, tiveron a oportunidade de facer camiño da man dalgúns dos personaxes e paisaxes d'Os camiños da vida, de Arredor de si, os espazos d'A Lagarada e de tantas das historias de Don Ramón, con parada obrigada na súa casa de Trasalba - sede da Fundación Otero Pedrayo.
Pola tarde tocoulle a quenda a Blanco Amor, cun pequeno percorrido polas rúas da man do Cibrán e a súa noite d'A Esmorga, nunha actividade na que tamén quixo ter o seu protagonismo a determinante e tan presente chuvia da novela.






Exposición viaxe a París.






















Con motivo da viaxe a París do alumnado de 2º de bacharelato C, fixemos unha exposición de fotografía. Quixemos mostrar a comunidade escolar a riqueza e variedade e obras de arte que puidemos ver na capital francesa.


Administrativo en Pull&Bear.



O alumnado de Vilalonga asistiu a unha visita didáctica ao centro de Confeccións Industriais de Pull & Bear, en Narón. Acudiron os estudantes de 2º FP Básica Servizos Administrativos, 2º Ciclo Medio de Xestión Administrativa e 2º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
A visita consistiu nunha viaxe pola empresa que partía dende o laboratorio de ideas ata o paso final no que o produto sae cara a clientela. O alumnado pasou polas diferentes seccións que compoñen a empresa: Deseño, patronaxe, escaparatismo e tenda piloto, recursos humanos, comercio electrónico, apertura de novos mercados, centro loxístico…


Conferencia sobre a Lei do Menor.


O Programa.Katorce18 quere achegar a Lei do menor, reguladora da responsabilidade penal das persoas menores de idade, a institutos e colexios de toda Galicia para informar, previr e facelos conscientes das consecuencias dos seus actos. 
Charlas divulgativas para o alumnado de 2º e 4º da ESO, cun claro obxectivo  preventivo das condutas infractoras máis salientables nos adolescentes, facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociales, o maltrato familiar, etc. e en todos aqueles temas e situacións que viven de preto os adolescentes, explicando as consecuencias legales e a responsabilidade dos menores nestas.

Esta é unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación Arela.

Gracias por contar con nós.


Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
"Velemos por que cada nena, en calquera parte do mundo, teña a oportunidade de alcanzar os seus soños, crecer con arranxo ao seu potencial e contribuír a un futuro sustentable para todos". —Secretario Xeral da ONU, António Guterres 

Investir nas mulleres e as nenas na ciencia por un crecemento verde incluyente A brecha de xénero nos sectores da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas ( STEM) persiste desde hai anos en todo o mundo. A pesar de que a participación das mulleres nas carreiras de grao superior aumentou enormemente, estas aínda se atopan insuficientemente representadas nestes campos.
 
A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, incluídos na Axenda 2030. Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional fixo un gran esforzo inspirando e promovendo a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Con todo, elas séguense atopando con barreiras que lles impiden participar plenamente nesta disciplina. 
 
A nivel mundial, a matrícula de estudantes femininas é particularmente baixa en tecnoloxía da información e as comunicacións (TIC), cun tres por cento; ciencias naturais, matemáticas e estatísticas, cun cinco por cento, e en enxeñería, manufactura e construción, cun oito por cento. 
Os prexuízos e os estereotipos de xénero que se arrastran desde hai moito tempo continúan mantendo ás nenas e mulleres afastadas dos campos relacionados coa ciencia. 

Co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamiento das mulleres e as nenas, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decide proclamar (resolución A/RES/70/212 ) o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia .
 Podes atopar máis información sobre o Día na páxina de ONU Mulleres.

Amor no IES de Vilalonga.



Hoxe é 14 de febreiro o Día de San Valentín, vamos a celebralo queréndonos a nós mesmos e aos demais. 

Coidado co amor romántico:
“Nos hicieron creer que cada uno de nosotros es la mitad de una naranja,y que la vida solo tiene sentido cuando encontramos la otra mitad.
No nos contaron que ya nacemos enteros, que nadie en la vida merece cargar en las espaldas la responsabilidad de completar lo que nos falta.
Nos hicieron creer en una fórmula llamada “dos en uno”: dos personas pensando igual, actuando igual, y que era eso lo que funcionaba.
No nos contaron que eso tiene nombre: anulación. Y que solo siendo individuos con personalidad propia podremos tener una relación saludable.
Nos hicieron creer que el matrimonio es obligatorio y que los deseos fuera de ese término deben ser reprimidos.
Nos hicieron creer que solo hay una fórmula para ser feliz, la misma para todos, y los que escapan de ella están condenados a la marginalidad.
No nos contaron que estas fórmulas son equivocadas, frustran a las personas, son alienantes, y que podemos intentar otras alternativas.
Tampoco nos dijeron que nadie nos iba a decir todo esto… cada uno lo va a tener que descubrir solo.
Y entonces, cuando estés muy enamorado de ti mismo, podrás ser muy feliz y amar de verdad a alguien.
Vivimos en un mundo donde nos escondemos para hacer el amor… aunque la violencia se practica a plena luz del día.”

Este texto atribúese a John Lenon

AS NOSAS LECTURAS con ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL


Bailemos as rúas
ata desaparecer
no ventre sonoro da noite,
onde exércitos de lucecús
acenden con cóxegas as estrelas.
                                              RFR


Esta tarde os clubs de lectura de 1º de Bacharelato do IES de Vilalonga gozaron da conversa con Rosalía Fernández Rial despois de teren lido, e hoxe disfrutado un pouco máis, o seu Bonus Track



Non foron só letras sobre papel, foi navegar SOS, o mar, o vento e mais nós; foi a música da Banda da Loba, de Narf, de Patti Smith... Foi a lectura máis alá de rapazas e rapaces que se espían falando, a ruptura e o pulso á conxugación das artes.

E cando a música repouse, entrará a literatura a bailar.

Grazas a Rosalía e noraboa á rapazada dos clubs de lectura!

Alumnas creativas e solidarias.

                                                        https://youtu.be/ZJrSyUrON-0

A ONG Manos Unidas convocou un concurso de clipmetraxes que este ano ten como lema "Queres aprender a conducir polo camiño da igualdade". Lola Rea e Candela Pérez, alumnas de 1º da ESO C, como integrantes da Rede Solidaria Entreculturas, presentaron o vídeo Non pares no camiño".
Agradecemos a participación e podedes votar e difundir esta clipmetraxe. Pincha no enlace e dalle a "me gusta".