Obradoiro de modos de autoprotección para o alumnado de Automoción




O IES de Vilalonga organizou un obradoiro impartido no centro polos Servicios de Emerxencia do Concello de Sanxenxo destinado ao alumnado da FP Básica e do Ciclo Medio de Automoción para formarse nos distintos métodos de autoprotección nos talleres como o uso de mangueiras, de extintores...






Tras unha charla teórica o alumnado tivo a oportunidade de poñer en práctica o aprendido.




Esta formación é importante xa que nos talleres hai líquidos inflamables e saber como proceder rápidamente ante un incendio pode evitar grandes daños persoais e materiais.
















Campaña: separemos ben, reciclemos mellor.


O día 10 de novembro de 2016 tivo lugar no salón de actos unha charla sobre reciclaxe para os alumnos de 1º da ESO.

Os obxectivos eran:
- concienciar da importancia de separar ben e reciclar.
- desenvolver a conciencia ecolóxica dos alumnos.
- que pregunten as dúbidas sobre o tema a un experto.
- formar cicadáns responsables no tema.

Galicia/ Tod@s contra a violencia de xénero







A campaña  Tod@s contra a violencia de xénero está protagonizada este ano pola nosa deportista, Teresa Portela e polo noso humorista, Roberto Vilar.

Exposición sobre Bob Dylan feita polo alumnado de bacharelato e ciclo superior de finanzas

Grazas á iniciativa do Departamento de Inglés, durante todo o mes de novembro, podedes disfrutar na entrada do edificio principal do instituto de Vilalonga e no corredor da entrada do edificio de bacharelato dunha exposición realizada con material elaborado polo alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e mais do ciclo superior de Administración e finanzas en relación con Bob Dylan, actual gañador do premio Nobel de Literatura.




















Tamén se levarán a cabo outras actividades como un quiz que se fará na aula coa aplicación Kahoot.it . Este quiz foi elaborado polo alumnado e a resposta ás preguntas atópase no material da exposición.


GET BACK




Mañá imos ó teatro co alumnado de 1º de bacharelato. 

Veremos unha obra escrita por DIEGO AMEIXEIRAS  e interpretada pola compañía Eme2 baixo a dirección de JORGE COIRA. 

No reparto estarán os actores: Alfonso Agra, Federico Pérez, Tamara Canosa, Miguel Guido e Mercedes Castro.


Esta comedia xurdiu dun traballo de invertigación sobre os londoners (nome co que se coñecen os galegos da capital británica). Sobre isto nos falará un pouco antes da representación Camilo Franco.


O noso adeus a NARF

O mundo musical galego está de loito pola temperá morte do músico Narf, Francisco Pérez, compositor e músico nacido en Santiago en 1968. Publicou tres discos baixo o nome artístico de NARF: Aló irmao, Totem, Narf directo en Compostela. 

Foi compositor tamén de máis dunha trintena de bandas sonoras para producións teatrais de Galicia e Portugal, destacan composicións para o CDG, como Salomé, A boa persoa de Sezuán. Colaborou co guineano Manecas Costa e acadou moito éxito no mundo lusófono africano co seu primeiro disco, que foi número un no TOP TEN da RTP ÁFRICA.




Resultado de imagen de fotos de baladas da galicia imaxinaria

Actualmente estaba a desenvolver una xira con Uxía Senlle co seu disco "Baladas da Galiza imaxinaria"




Conferencia de Ahmed Ali, fotorreporteiro exipcio exiliado


Ahmed Ali, acompañado dun tradutor, veu falarnos da realidade do seu país no que a palabra liberdade non existe tal e como a entendemos porque o réxime militar controla todo.

Tras o seu paso polo cárcere no que foi torturado e retido nunhas condicións infrahumanas e condenado a unha pena de 25 anos de cárcere por ilustrar coas súas fotos as protestas e manifestacións dos cidadáns, tivo que fuxir do seu país e actualmente está acollido en España por Amnistía Internacional dentro do programa de Protección Temporal para Defensores.

Ahmed Ali é membro do Movemento 6 de abril (data na que se fixo unha chamada a través das redes sociais para facer unha xornada de paro e de protestas sociais en solidaridade cos traballadores téxtiles da cidade de Mahalla al Kubra no Delta do Nilo) e testemuña da represión exercida polo réxime de Abdel Fattah al-Sisi contra a poboación exipcia pero sobre todo contra os mozos, os defensores dos dereitos humanos e os xornalistas.

No 2011 a xente de varios países árabes do norte de Africa e de Oriente medio saíu á rúa para pedir reformas e conseguiu derrocar algúns dirixentes como o exipcio Hosni Mubarak chegando a crer que as cousas ían cambiar pero o certo é que a poboación segue a sufrir a represión dos gobernos e como no caso de Ahmed o feito de querer mostrar a realidade ou non comungar coas ideas do réxime fai que sexa etiquetado de terrorista.


O relato de Ahmed Ali foi seguido con moita atención polos asistentes suscitando preguntas ao final da charla.

Despedimos a Leonard Cohen


O venres deixounos o cantautor LEONARD COHEN. Música e poesía van  da man na obra deste  poeta que afirmou que grazas á poesía de Federico García Lorca atopara a súa propia voz lírica.

A súa canción "Take this waltz" é unha adaptación do poema de Lorca "Pequeño vals vienés" pertencente ó poemario Poeta en Nueva York.



O cantaor Enrique Morente tamén fixo a súa propia versión deste poema.



Premio Planeta 2016


       Dolores Redondo foi a gañadora do Premio Planeta 2016 coa súa obra "Todo esto te daré". Un libro de intriga policíaca, na que presenta unha historia de misterio protagonizada por un famoso escritor e unha saga familiar.

       A novela empeza cun suposto accidente de tráfico que levará a descubrir os máis escuros segredos da familia.

Dolores Redondo, de pai galego, escribe desde os 14 anos e ambientou esta obra na Ribeira Sacra (Ourense). 

   É a autora da triloxía do Baztán: "El guardián invisible", "El legado de los huesos" e "Ofrenda a la tormenta" cos que obtivo un gran éxito e que pronto será levada ao cine.





Xa está na biblioteca!


Goza dunha lectura entretida!

Juan Vaello

Onte tivemos o privilexio de contar coa presenza de Juan Vaello, psicopedagogo, orientador e profesor titor de Psicoloxía Xeral e Psicoloxía Evolutiva na UNED, que ten publicados varios libros sobre a resolución de conflitos, as habilidades sociais na aula, entre outros,  dirixidos aos docentes. E diso nos falou no IES de Vilalonga respondendo tamén ás preguntas que lle fixemos. Tomamos boa nota dunhas cantas cousas que nos poden achegar melloras na nosa práctica docente.




Artigo publicado no Faro de Vigo do 9 de novembro