"Human", un documental que non podes deixar de ver



Para todos aqueles alumnos e alumnas que si queren ver o final do documental que comezamos a ver nas clases procurando os testemuños de persoas albinas para que nos iluminasen sobre este problema que estabamos a traballar no libro de Manuel Núñez Singala, Camiños na auga, queda aquí o volume tres onde aparecen. 

E para quen aínda non o viu que saiba que na biblioteca está ó seu dispor. Con testemuños humanos de todas as razas e condicións que van desde o máis estarrecedor ó máis tenro. E con impresionantes imaxes gravadas con drones que nos fan reflexionar sobre o sentido da vida do ser humano desde o máis profundo de calquera recuncho do planeta.

Visita á Audiencia Provincial de Pontevedra

O pasado 28 de marzo o alumnado de Ética e Filosofía do dereito de 2º de bacharelato asistiu a un xuízo na Audiencia Provincial de Pontevedra


Opinións do alumnado:


"Na miña opinión, a actividade foi moi interesante e enriquecedora, posto que a aplicación práctica da teoría serviunos para entendela mellor. A pesar de que a parte das cuestións previas foi bastante pesada, o xuízo mellora co interrogatorio e foi unha mágoa que non puidésemos quedarnos ata a súa finalización. Por otra banda, cabe resaltar a importancia mediática do asunto (o xuízo aparece o mesmo día na TVG) que me fixo sentir algo incómodo debido á insistencia das cámaras en fotografar nun principio. Finalmente, teño unha consideración firme sobre os acusados que non direi pero pode que coincida (ou pode que non) coa sentenza do xuíz."
Toni Casal.

"O xuízo en xeral encantoume, sorprendeume en especial a figuara do fiscal e a súa facilidade para contraargumentar todo o que dixeran anteriormente os avogados. Tamén me pareceu especialmente interesante a interveción dos avogados, que falaban moi en xeral e case nunca facían referencias concretas aos feitos. Por último, o interrogatorio aos acusados por parte do fiscal sorpendeume moito, xa que esperaba máis preparación por parte dos acusados, notábase que o fiscal sabía exactamente que preguntas facer para demostrar a súa culpabilidade. Quedei con ganas de ver a intervención dos peritos e o interrogatorio aos acusados por parte dos avogado. Repetiría a experiencia sen dubidalo."
Rocío Matilla
Agradecemos un ano máis a colaboración de Anxos Sobriño, a lingüísta do Servizo Lingüístico da Audiencia Provincial de Pontevedra nesta actividade.

Nas seguintes ligazóns tedes o seguimento na prensa do xuízo:

Antes de comezar o xuízo (explica os antecedentes: algo sobre a desaparición de Pelopincho): http://www.crtvg.es/informativos/comeza-o-xuizo-por-unha-operacion-de-transporte-de-haxix-atribuida-ao-ribeirense-pelopincho-2821454

 Despois da vista de onte: http://www.crtvg.es/informativos/comeza-en-pontevedra-o-xuizo-contra-a-banda-de-pelopincho-2821607


Faro de Vigo (29/03/2017):

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/03/29/sombra-pelopincho-villaverde-amil-planea/1650667.html

La Voz de Galicia (29/03/2017):

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2017/03/29/desaparicion-villaverde-amil-sobrevuela-juicio-fallido-alijo-4-toneladas/0003_201703P29C4992.htm

Pontevedra Viva (28/03/2017:

http://pontevedraviva.com/xeral/35467/audiencia-haxis-pelopincho-traficar-catro-acusados/

Celebración do Día do Libro no IES de Vilalonga

Un ano máis, na biblioteca do IES de Vilalonga celebramos o Día do Libro (anticipadamente xa que o 23 cadrou en domingo) regalando unha flor a todos aqueles e aquelas que viñeron buscar un libro.


No vestíbulo do instituto colocamos un libro xigante con reseñas elaboradas polo alumnado de 2º de bacharelato de Historia da literatura universal impartida pola profesora Ana Blanco e unha construción efímera consistente nun faro feito con libros polo profesor Eduardo Baamonde.

 



Premio Cervantes 2017



O Premio Cervantes é o máximo recoñecemento ó labor creador dos escritores españois e latinoamericanos, cuxa obra contribuirá a enriquecer o patrimonio literario da lingua española.

Este ano foi concedido ao escritor catalán Eduardo Mendoza (Barcelona 1943), estudou Dereito e taballou de avogado na cidade condal e posteriormente como tradutor na ONU. En USA  publicou a súa primeira obra "La verdad sobre el caso Savolta", considerada como a primeira novela da transición democrática.


Ten unha traxectoria longa como escritor, con numerosas obras nas que mestura diversos xéneros: novela histórica, novela negra, humor, etc.
Moitas das súas obras están na nosa biblioteca: Achégate a elas!


Día do Libro 2017



Feliz Día do Libro 2017!

Aquí vos queda tamén unha recesión  de Made in Galiza do booktuber galego coñecido como O colecionista de mundos que está entre os 10  españois máis seguidos.


O alumnado de Vilalonga aprende a salvar vidas.



Os 400 alumnos de ESO  e Bacharelato do noso Centro tomaron conciencia da importancia que teñen as técnicas de reanimación nunha urxencia vital.
Os técnicos e médicos do SEMES (Sociedade Española de Medicina de Urxencias) de Galicia explicaron as técnicas máis sinxelas para salvar unha vida en caso de paro cardíaco, de atragoamento ou de ictus cerebral.
Os expertos subliñan a importancia destas técnicas no caso de risco vital: "É unha formación básica que os alumnos aprenden con facilidade".

"Salvar vidas é cuestión de calma". Esa é a mensaxe que se trasmitiu ao alumnado que escoitaron as instrucións e fixeron masaxe cardiopulmonar ao ritmo das cancións "Macarena"e "Stayin Alive".




Para traballar a Carlos Casares

Resultado de imaxes para carlos casares

Comezamos a compartir ligazóns interesantes para traballar o noso homenaxeado das Letras 2017

Manuel Núñez Singala cos seus "CAMIÑOS NA AUGA"

Manuel Núñez Singala compartiu unha charla connosco sobre a súa novela "Camiños na auga", que son os camiños que percorre o seu protagonista Szymo para fuxir de África e procurar unha nova vida en Europa, nun lugar onde espera que a súa diferenza non sexa tal, dado que el é un africano albino.


Máis fotos desta actividade nesta ligazón.

A charla estivo presentada polo noso compañeiro de EDLG e compañeiro seu durante os anos de escola en Vilalba, Eduardo P. Baamonde e nela sinalou por unha banda, o seu labor profesional no Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e por outra, a súa traxectoria como escritor. Algo que Manuel Núñez Singala matizou que facía evidentemente porque lle gustaba e dado que non era do que tiña que vivir tamén tiña máis liberdade para crear sobre aqueles temas que a el lle interesaban.

Con esta novela de iniciación ou aprendizaxe comentoulle ó noso alumnado que tamén pretendía que se mentalizasen do camiño que eles ían emprender na vida.

Algúns alumnos preguntaron sobre a posibilidade de seguir a contar a historia de Szymo, xa en España. Ó que respondeu que non tiña ningún sentido para el seguir con esta narración, á parte de que non era partidario das segundas partes nas historias.

Neste  documental podemos acheganos ás duras imaxes desta diferenza