Materia nova no IES de Vilalonga

Este curso 2018/19 estamos de noraboa no Centro, temos unha nova materia optativa para o alumnado da ESO, o seu nome é "Violencia de xénero". A profesora que a propuxo e que a imparte é Patricia Díaz González (do seminario de Xeografía e Historia), está moi ilusionada e non para de traballar e ten un grupo bastante numeroso que se mostra moi activo igual que a súa profesora.
Están organizando numerosas actividades: un muro sobre o  machismo para derribar, un panel con lemas e debuxos para acabar con esta lacra, vídeos, fotos, etc.
Sen dúbida o obxectivo é  traballar en valores como igualdade, tolerancia, esforzo, xustiza, etc.
O que nos parece MOI IMPORTANTE.


ALBA DE GLORIA de CASTELAO

O Consello da Cultura Galega válese da realidade virtual inmersiva para conmemorar os 70 anos do derradeiro discurso de Castelao, "Alba de Gloria".
Dende o mércores 7 de novembro e ata o 3 de febreiro poderemos visitar en San Domingos de Bonaval unha exposición do Consello da Cultura Galega comisariada por Manuel Gago, toda unha experiencia con interpretacións dramatizadas e infografías iterativas na que atoparemos non só a Castelao senón tamén a outros persoeiros da Historia de Galiza.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2018/11/04/span-langglalba-gloria-cobra-vidaspan/0003_201811G4P36991.htm?fbclid=IwAR0grWC97uP7HVx4cSBajMTxErBKa0nimC3Z2-Tk7vci6L5MjKOYmsXUqEM

As poetas galegas en alza


Tamara Andrés (Combarro, 1992) ten o demo cultural no corpo. «Non paro», di ela mentres pasa a mañá do festivo de Todos os Santos ordenando e catalogando libros. Tamara, ademais de tradutora ou creadora escénica, é poeta. E esta semana chamouna por teléfono a escritora Fina Casalderrey para dicirlle que quedara finalista no Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández. Ela nin sabía que estaban valorando o seu poemario, Corpo de Antiochia, xa que son as academias as que propoñen as obras. E no seu caso foi a Real Academia Galega a que o fixo. Di que non deixa de recibir parabéns e que ata resulta algo estraño: «Parece que gañei eu, e non gañei, só quedei finalista. Aínda que para min é xa unha honra grande». O poemario polo que apostou a RAG é unha obra de madurez, di ela. E para que unha moza de 26 anos fale así debe de ser que o seu coqueteo coa escrita vén de bastante lonxe.
María Hermida
 Pontevedra / la voz

       https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2018/11/02/nena-feirante-mudou-poeta/0003_201811V2C12993.htm

Rede solidaria da mocidade

O IES de Vilalonga está integrado na ONG Entreculturas,desde o curso pasado e  dende o 20 de outubro de 2018 temos unha exposición da mesma no Centro. Esta organización quere mobilizar aos xóvenes para levar a cabo: entontros na rede, obradoiros de sensibilización e xogos. Cada ano máis de 2000 mozos /as e máis de 200 profesores participan na rede solidaria. Persiguen múltiples obxectivos como son: Campaña mundial pola educación, menores soldado, igualdade ou pobreza cero.
Entreculturas é unha fundación para a educación e o desemvolvemento dos pobos: Moita xente pequena en lugares paquenos facendo cousas pequenos pode cambiar a faciana da Terra.

 







  VÉN A VELA!!
 

DÍA DA BIBLIOTECA !!!!!!!!!!!!!!!!


 











 O 24 de outubro é o Día da Biblioteca Escolar, para celebralo cos nosos lectores colocamos unha mesa na entrada con libros dos que hai demasiados exemplares ou que foron donados por profesores, a Deputación, etc. Por suposto podían escoller e levar os que lles gustasen, non quedou ningún. Boa lectura!!!!!


 Non queremos que esta biblioteca sexa ningún “templo de silencio”, senón máis ben un espazo para o son, para o ruído. Unha biblioteca que xa é o lugar máis fermoso do instituto. Un espazo para desexar ir buscar lectura, pero tamén amizade, soños compartidos. Así que unha biblioteca non é só un lugar no que convidar a ler, senón tamén, ou por iso, un lugar no que convidar a escribir. As bibliotecas do século XXI son, teñen que ser o sementeiro de novas novelas, novos monolitos, mouteiras do noso futuro. Se o século XX foi sen dúbida o século da lectura, o século XXI pode chegar a ser o século da escritura, xa o está sendo. Gonzalo Moure
                                                                                             


A pontevedresa Alicia Estévez premiada

Santiago 2/10/2018 - A catedrática de Microbioloxía e directora do Grupo de Patoloxía en Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Alicia Estévez Toranzo, foi recoñecida polo Pleno da Unidade de Muller e Ciencia co Premio María Josefa Wonenburger Planells 2018. 
Estes premios Wonenburguer, promovidos pola Xunta de Galicia a través da unidade de Muller e Ciencia, buscan resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos sectores da ciencia e a tecnoloxía, e o seu nome pretende ser unha homenaxe á figura da matemática coruñesa, pioneira e referente feminino internacional por ser unha adiantada ao seu tempo. 
 Alicia Estévez Toranzo é licenciada en Bioloxía e Farmacia e catedrática de Microbioloxía da USC desde o ano 1991. Durante a súa carreira promoveu unha decena de patentes de vacinas que preveñen enfermidades en peixes de interese comercial, fundamentalmente rodaballo e troita.
                                                            Páxina Web: Mis peces.com

Premio de literatura Príncipe de Asturias


A escritora francesa Fred Vargas ( Frédérique Audoin- Rouzeau), foi galardoado co Premio Princesa de Asturias das Letras 2018. A este premio optaban 35 candidaturas de 21 nacionalidades. Este é o quinto dos oito galardóns internacionais que convoca anualmente a Fundación que este ano alcanzan o súa XXXVIII edición.
Coñecida polo pseudónimo Fred Vargas, é unha escritora, arqueozoóloga e medievalista francesa, autora de novelas policíacas: a serie do comisario 'Jean- Baptiste Adamsber.
Ademais de tres novelas curtas protagonizadas por ' Adamsberg Coule a Seine'.


            Pregúntanos na biblioteca

COMEZAN OS CLUBS DE LECTURA NO IES VILALONGA


Entre esta semana e a que vén comeza a reunirse a rapazada do Club de Lectura do IES de Vilalonga nos seus diferentes grupos.

O alumnado de 1º ESO, xunto coa profesora Inés, vai ler e viaxar pola fantasía con Charlie y la fábrica de chocolate, un clásico de Roald Dalh que engaiola cada ano as xeracións que van chegando ao noso Club.



Os grupos de 3º ESO, que xa comezaron esta semana en dúas quendas dirixidas pola profesora Carme Picallo, están a facer un percorrido pola nosa historia a través das profundas e impactantes mensaxes que Castelao nos deixou nas súas Cousas.





Coa profesora Lidia Fernández comezan tamén dúas quendas de 1º BACH, quen os tentará guiar por unha banda, nunha viaxe ao pasado co escenario de fondo da II Guerra Mundial e pasaxes ás veces difíciles de dixerir pero que son unha lección necesaria de realidade para a sociedade actual, neste caso da man de Ledicia Costas e Un animal chamado néboa. Na banda oposta, o segundo grupo tentaremos que poida sentir e danzar ao ritmo das historias e melodías que nos ofrece Rosalía Fernández Rial no seu Bonus Track.



Tamén coa
profesora Lidia, comeza este luns o grupo de 2º ESO, desta vez da man de Iria Misa e a súa novela Mamá, quero ser Ziggy Stardust, que promete ser unha lectura desas que deixan pegada.



Agora só nos queda comezar, ir incorporando os outros grupos, deixarvos as impresións das nosas lectoras e lectores e facervos, na medida do posible, partícipes das súas viaxes particulares.

SANTIAGO POSTEGUILLO, PREMIO PLANETA 2018 CON 'YO, JULIA'




O
valenciano Santiago Posteguillo é o gañador do LXVII Premio Planeta 2018 con 'Yo, Julia', unha novela histórica protagonizada pola emperatriz romana Julia Domina. O narrador ofrécenos o relato do ascenso fulgurante dunha muller nun mundo de homes inmersos na loita polo poder político e que pensan que o liderazgo só lles pertence a eles pero, como poderemos ver na novela e na propia historia, "Só unha muller pode forxar unha dinastía imperial".
A finalista do premio foi a periodista, actriz e presentadora Ayanta Ballini coa novela 'Un mar violeta escuro'. Esta é unha historia de loita, superación e supervivencia de tres xeracións de mulleres dunha mesma familia ás que unha figura masculina aboca á loucura. É esta unha novela que, segundo o xurado, amosa a evolución da imaxe social da muller.

Orgullosos da nosa literatura



Falamos dun repunte da literatura galega porque está en constante crecemento desde os seus inicios que fai decadas obrigou, ao sector literario a ampliar os seus horizontes e expor obras por cada xénero literario. Aproximadamente 2 millóns de persoas son falantes habituais de galego e medio millón úsao como segunda lingua ao rededor do mundo. Os expertos coinciden en que a literatura galega nunca deixou de crecer, cada vez hai máis libros, editoriais e autores que ademais, foron galardoados polas súas obras, é o caso de Antonio García Teijeiro recente Premio de Literatura Infantil ou Xuvenil ou o de Ledicia Costas, viguesa e tamén Premio Nacional.

 Cadena SER. Radio Vigo. 2018