Teatralización de "Cousas" de Castelao
"A min tamén"
Interesante vídeo que reflexiona sobre os micromachismos cotiáns na boca de coñecidas mulleres de todos os ámbitos da nosa sociedade. Leticia Dolera, actriz e directora; Inés Arrimadas, presidenta do grupo de Ciudadanos no Parlamento de Cataluña; Eva Amaral, cantante e compositora; Elena Valenciano, eurodiputada do PSOE; Carmen G. de la Cueva, escritora e directora da revista 'La Tribu'; Cristina Cifuentes, presidenta da Comunidade de Madrid; Lucía Mbomío, reporteira de televisión; Teresa Rodríguez, coordinadora de Podemos en Andalucía; Amaya Valdemoro, exugadora de baloncesto; María Blasco, investigadora e directora del Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas; Rosa María Calaf, periodista; e Alba Galocha, modelo e actriz.
11 de febreiro día da muller na ciencia
O
día 11
de febreiro celebramos
o Día Internacional da Muller e a
Nena na Ciencia, no IES Vilalonga, con unha exposición de científicas famosas. O
obxectivo era mostrar que houbo e hai moitas mulleres cintíficas importantes, pero
resaltando que son pouco coñecidas e facendo unha
chamada a reflexionar o porque de esta
situación.
Tiramos deste artigo publicado en OK DIARIO:
Moitos son os nomes de científicos famosos que pasaron á posteridade; Charles Darwin en bioloxía, Albert Einstein e Isaac Newton en física, Blaise Pascal en matemáticas ou Sigmund Freud en psicoloxía son algúns exemplos. Con todo, é certo que as mulleres científicas sempre foron relegadas a unha posición secundaria, case sempre apartadas dos focos e dos grandes descubrimentos. Con todo, ao longo da historia si que xurdiron varias mulleres científicas cuxos logros non puideron ser ocultados, pois
supuxeron un gran avance para a ciencia e, polo tanto, para a humanidade. Para mostrarlles o noso recoñecemento,
e para animar o resto de futuras mozas de ciencia, brindámosvos esta
listaxe con algunhas das máis destacadas (segundo a relevancia dos seus descubrimentos, ao noso parecer).
Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia
Onte, día 11 de febreiro, celebrouse o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.
Nesta ligazón podes acceder á unha ducia de mulleres científicas galegas.
Nesta ligazón podes acceder á unha ducia de mulleres científicas galegas.
Día escolar da non Violencia e da Paz
O luns 30 de
xaneiro celebramos no IES Vilalonga o Día Escolar da non Violencia e da Paz. O grupo
de voluntarios da biblioteca realizaron unha serie de intervencións: pombas feitas
mediante papiroflexia penduradas do teito, pegadas con frases relativas á paz (colocáronse nos corredores cara ás aulas e á Biblioteca) e un gran mural
indicando o motivo da celebración.
A profesora Noli Fernández organizou un concurso de fotografía, para todo o alumnado do Centro, cuxo tema era "imaxes dirixidas a potenciar a Non violencia e a Paz e a mellorar a convivencia das persoas". Realizouse unha exposición no mural feito polos voluntarios cos tres traballos premiadas e outros presentados.
Charla de Rafael Rodríguez sobre os restos arqueolóxicos da Lanzada
O xoves día 2 de febreiro o arqueólogo da Deputación de Pontevedra Rafael Rodríguez deu unha conferencia no IES Vilalonga sobre as escavacións que se levaron a cabo na Lanzada dende o 31 de xullo de 2016 ata o 4 de febreiro de 2017 dirixida ao alumnado de Bacharelato.
A súa exposición dividiuse en tres partes, a primeira consistiu na proxección dun documental sobre ditas escavacións, na segunda expúxonos os traballos levados a cabo e as posibles explicacións ás que chegaron, pois aínda non ten todos os resultados das análises e achados realizados. Por último, abriu unha quenda de preguntas na que o alumnado puido aclarar algunhas cuestións que lles interesaron especialmente.
Deixámosvos
aquí parte do artigo publicado en pontevedraviva.com
“Un equipo formado por
máis de 20 especialistas en arqueoloxía traballan no xacemento da
praia da Lanzada.
O obxectivo desta
actuación, que forma parte dun protocolo asinado entre a Deputación
de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para a posta en valor dos
xacementos galaico-romanos na provincia, é a recuperación
patrimonial de todo este ámbito, no que se deixou de traballar hai
anos, ampliar a zona de visitas e escavar a área romana para aclarar
as cronoloxías.
O arqueólogo da
Deputación, Rafael Rodríguez, destacou a relevancia do xacemento da
Lanzada, "ocupado desde o século VIII a.C. ata o século X d.C.
e no que se sitúa a primeira factoría de salgados do noroeste".
A Lanzada, segundo os técnicos, é un xacemento moi interesante para coñecer o mundo da Idade de Ferro no noroeste peninsular e a importancia das relacións comerciais que desde alí se establecían, que situaban ao asentamento nos circuítos comerciais daquel momento.”
Artigo redactado por Teresa Fidalgo
Exposición sobre Manuel Lueiro Rey
A profesora Mª Peregrina Millán Gondar elaborou unha exposición en conmemoración do centenario do nacemento de Manuel Lueiro Rey, nacido en Fornelo de Montes, pero afincado no Grove dende os 7 anos de idade.
Manuel Lueiro (1916-1990) foi unha figura relevante da chamada “Xeración do 36”, destacando como narrador, poeta e xornalista.
A exposición inclúe distintos carteis que mostran as portadas dos seus libros, algúns poemas, frases emblemáticas e fotografías do autor.
Así tamén podemos ver unha mostra das convocatorias de dous certames literarios que levan o nome de Manuel Lueiro: o concurso de novela curta convocado polo Concello do Grove e o concurso de poesía convocado polo Concello de Fornelo de Montes.

Por último, na exposición tamén podemos atopar dúas curiosidades : por unha banda, uns carteis do libro “La noche espera el alba” editado en Arxentina en 1971 e ilustrado por Luis Seoane; e por outra a fotografía dun libro de poesías en homenaxe ao Che Guevara, firmado por un grupo de escritores de aquela época, no que o nome de Manuel Lueiro acompaña ao de outros autores como Agustín Goytisolo, Vicente Alexandre ou Julio Cortázar.
PREMIAD@S NO CONCURSO DE ADHESIVOS 2017
"Os restos do pasado. Unha viaxe pola Lanzada"
Para todos aqueles que non puidestes escoitar onte a interesante charla que impartiu no noso centro o arqueólogo, Rafael Rodríguez, que dirixiu as escavacións na Lanzada 2010-2016.
Quédavos aquí a curtametraxe documental sobre o xacemento arqueolóxico da Lanzada, presentada ao I Festival de Curtametraxes sobre o Patrimonio Arqueolóxico da Provincia de Pontevedra Telearqueoloxía 2016.
Voa, voa, Rosalía.
Paga a pena ver esta imaxe co rostro de Rosalía nun avión da compañía Norwegian. Con ela xa son seis as figuras da historia e da literatura españolas que adornan os seus avións. Acompaña a Rosalía, outra grande figura das letras españolas femininas:

Celebramos tamén que o aeroporto de Lavacolla levará o nome de Rosalía de Castro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










