Obradoiro de xornalismo no IES de Vilalonga



A escola de xornalistas de Galicia acudiu ao IES de Vilalonga para impartir uns obradoiros sobre o xornalismo ao alumnado de 3º ESO. Estes obradoiros tiveron una duración de dúas horas cada un nos que se trataron diversos temas.
Explicáronnos que é un xornalista, en que consiste o seu traballo, de onde obteñen a información, os diferentes lugares onde poden publicar as súas novas, etc.
Insistiron sobre todo en que unha parte da información que aparece nos medios de comunicación non sempre é certa e en que temos que ter coidado coas fontes de onde sae esa información e a súa fiabilidade.
Ademais, para completar os obradoiros acudiu ao IES de Vilalonga a TVG que gravou a actividade en directo para o programa de A Revista . A TVG entrevistou a algúns dos alumnos sobre o que aprenderán e se lles gustara a actividade ou non.

Sabela Ara Solla (3ºESO)



Podedes ver o programa A Revista neste enlace

Día do libro na Biblioteca do IES de Vilalonga


Anticipándonos un día ao 23 de abril porque este ano cae en sábado e o instituto estará pechado, hoxe celebramos o Día do Libro na Biblioteca do IES de Vilalonga de xeito que todos e todas os que viñeron buscar un libro levaron tamén un caravel seguindo a tradición de San Jordi.

(Exposición de Mujer y Literatura prestada e  realizada pola profesora Teresa Moure do IES Chan do Monte de O Grove)


Para festexar o día do libro xa levan uns días varias exposicións e carteis (algunha para aportar o noso grao de area ó IV centenario da morte de Cervantes e de Shakespeare ) e outras están por vir.


            

Exposición sobre Shakespeare no IES de Vilalonga



Coincidindo co IV centenario da morte de Shakespeare, o Departamento de Inglés do IES de Vilalonga elaborou unha serie de carteis sobre a vida e a obra dun dos escritores ingleses mais universais e con obras teatrais tan coñecidas como Hamlet, Macbeth, El sueño de una noche de verano, Romeo y Julieta entre outras.

Quen non coñece o "ser ou non ser, velaí a cuestión", a historia de amor imposible entre Romeo e Xulieta ou as traxedias nas que ronda a morte, a vinganza, a fatalidade.




O Departamento non só implicou ao alumnado na elaboración da exposición senón que está a  visitala con eles para que posteriormente fagan un xogo contestando ás preguntas relacionadas coa información proporcionada nos carteis.

"Ariños, aires, Rosalía"

Na exposición "Airiños aires Rosalía", que se pode visitar na Casa do Cabido na Praza das Praterías en Santiago de Compostela até o mes de xuño, o fotógrafo Xurxo Lobato repasa a iconografía e os escenarios vitais de Rosalía de Castro.






















Nesta ligazón podedes atopar unha fotogalería da exposición.

23 de abril, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO



Desde o Concello de Santiago de Compostela distintos persoeiros das nosas letras son os protagonistas deste bonito cartel, así Rosalía de Castro, Roberto Vidal Bolaño, Camilo José Cela, Ramón María del  Valle Inclán, Gonzalo Torrente Ballester e Castelao son os encargados de lembrarnos a celebración do Día Internacional do Libro. 

Estrea de "Lobos sucios"


 Esta fin de semana estréase LOBOS SUCIOS, a súa estrea segue a ser unha das poucas veces que nos poderemos achegar ó cine a ver filmes en galego. Neste caso é unha película feita en Galicia sobre o tema das explotacións de volframio en Galicia polos nazis. Conta tamén con 14 candidaturas ós premios Mestre Mateo.

 Nesta ligazón podemos acceder a unha entrevista na TVG co director e cun dos actores, Simón Casal e Ricardo de Barreiro.


Exposición CASTELAO ARTISTA no museo de Pontevedra

 A exposición  reúne preto dun cento de obras de gran formato  da  primeira etapa do artista entre 1905 e 1920, todas elas conservadas en Galicia.
Os debuxos do Álbum Nós que marcaron un antes e un despois na obra de Castelao tamén se poden ver na exposición que foi inaugurada o Día das Artes Galegas ( a Real Academia Galega de Belas Artes homenaxea este ano a Castelao ) e que estará aberta ata o 5 de xuño.

Fotografía do Diario de Pontevedra

A partir do 9 de abril podedes disfrutar de visitas didácticas os mércores e os sábados ás 19h. Para mais información podedes visitar a web do museo.

Josiño da Teixeira ensínanos a facer REGUEIFAS

O venres 18 de marzo o regueifeiro, JOSIÑO DA TEIXEIRA,  impartiu un obradoiro de regueifas para o alumnado de 2º de ESO que fixo que dunha maneira lúdica estes rapaces aprendesen a improvisar as súas propias regueifas Aquí vos quedan os vídeos coas súas creacións .




OS DEUSES EXIPCIOS POR 1º ESO

 

        










Os alumnos e alumnas de 1º ESO fixeron uns traballos de caracter voluntario sobre os deuses de Exipto e expuxéronse no corredor onde están situadas as aulas deste nivel, todo iso enmarcado no contexto da unidade adicada a Exipto na materia de Xeografía e Historia.

CHARLA DE MIRIAM RIAL SOBRE A SÚA EXPERIENCIA COMO COLABORADORA DUNHA ONGD

Como pasa o tempo e como se van facendo maiores os nosos alumnos e alumnas buscando o seu lugar e o seu camiño na vida. Hai uns días unha exalumna do centro, Miriam Rial Alonso, veu falar da súa experiencia como colaboradora da ONGD Solidariedade Internacional de Galicia ao alumnado de 3º ESO.
Esta ONGD promove e participa en Proxectos de cooperación internacional, axuda humanitaria e de emerxencia, educación para o desenvolvemento e sensibilización e    comercio xusto entre outros.
Miriam entrou en contacto con esta ONGD na Universidade de Santiago onde estudou Socioloxía. Ao rematar os seus estudos marchou a Nicaragua onde viviu experiencias que como ela mesma di lle cambiaron a maneira de ver as cousas.
Quizais o que mais lle chamou a atención é o felices que poden ser con tan poucas cousas as persoas que coñeceu alí. A escola faise ao aire libre, o transporte en vellos vehículos por carreteras pero tamén corredoiras, ainda hai pontes e estruturas derruidas polo furacán Mitch...
Unha das cousas que destacou Miriam é o interese do goberno local en que as mulleres non teñan voz e non sempre miran con bos ollos as reunións e as asociacións entre as féminas.
























Todos sabemos que as grandes empresas buscan man de obra barata en países do Terceiro Mundo e que pensan antes nos beneficios económicos propios que no mal que se lle pode facer á poboación deses países como a contaminación a causa dos residuos debidos á producción industrial. Para tentar de dar ás persoas un medio de vida que respete o seu entorno e non estea baseado na explotación creouse o comercio xusto.
En Galicia hai actualmente tres tendas de Comercio xusto, unha delas en Pontevedra (nas Galerías da Oliva), outra en Ourense e a terceira en A Coruña. Nestas tendas podedes atopar productos alimenticios, xoguetes, libros que non atoparedes noutros sitios e que poden ser un agasallo diferente.
Si queredes mais información sobre esta ONGD non tendes mais que pinchar en Solidariedade Internacional deGalicia.