O venres 18 de marzo o regueifeiro, JOSIÑO DA TEIXEIRA, impartiu un obradoiro de regueifas para o alumnado de 2º de ESO que fixo que dunha maneira lúdica estes rapaces aprendesen a improvisar as súas propias regueifas Aquí vos quedan os vídeos coas súas creacións .
OS DEUSES EXIPCIOS POR 1º ESO
Os alumnos e alumnas de 1º ESO fixeron uns traballos de caracter voluntario sobre os deuses de Exipto e expuxéronse no corredor onde están situadas as aulas deste nivel, todo iso enmarcado no contexto da unidade adicada a Exipto na materia de Xeografía e Historia.
CHARLA DE MIRIAM RIAL SOBRE A SÚA EXPERIENCIA COMO COLABORADORA DUNHA ONGD
Como pasa o tempo e
como se van facendo maiores os nosos alumnos e alumnas buscando o seu lugar e o
seu camiño na vida. Hai uns días unha exalumna do centro, Miriam Rial Alonso, veu falar da súa experiencia como colaboradora
da ONGD Solidariedade Internacional de
Galicia ao alumnado de 3º ESO.
Esta ONGD promove e
participa en Proxectos de cooperación internacional, axuda humanitaria e de emerxencia,
educación para o desenvolvemento e sensibilización e comercio xusto entre outros.
Miriam entrou en
contacto con esta ONGD na Universidade de Santiago onde estudou Socioloxía. Ao
rematar os seus estudos marchou a Nicaragua onde viviu experiencias que como
ela mesma di lle cambiaron a maneira de ver as cousas.
Quizais o que mais
lle chamou a atención é o felices que poden ser con tan poucas cousas as
persoas que coñeceu alí. A escola faise ao aire libre, o transporte en vellos
vehículos por carreteras pero tamén corredoiras, ainda hai pontes e estruturas
derruidas polo furacán Mitch...
Unha das cousas que
destacou Miriam é o interese do goberno local en que as mulleres non teñan voz
e non sempre miran con bos ollos as reunións e as asociacións entre as féminas.
Todos sabemos que
as grandes empresas buscan man de obra barata en países do Terceiro Mundo e que
pensan antes nos beneficios económicos propios que no mal que se lle pode facer
á poboación deses países como a contaminación a causa dos residuos debidos á
producción industrial. Para tentar de dar ás persoas un medio de vida que respete
o seu entorno e non estea baseado na explotación creouse o comercio xusto.
En Galicia hai
actualmente tres tendas de Comercio
xusto, unha delas en Pontevedra (nas Galerías da Oliva), outra en Ourense e
a terceira en A Coruña. Nestas tendas podedes atopar productos alimenticios,
xoguetes, libros que non atoparedes noutros sitios e que poden ser un agasallo
diferente.
Si queredes mais información sobre esta ONGD non tendes mais que pinchar
en Solidariedade Internacional deGalicia.
Manuel Lourenzo González tróuxonos a súa "Flor de area"

Asisitiron tamén alumnos e alumnas de 4º de ESO que leran Irmán do vento.

No primeiro libro é Khaled quen nos conta a súa historia, nesta novela na que se continúa a historia de amor é a perspectiva femenina da súa amada, Amrah, a que nos introduce nuns acontecementos ambientados na posguerra de Iraq.
O escritor explicounos como procurou certa similitude estrutural de ámbas as dúas novelas coas interseccións de anacos doutras historias de arrecendo oriental que se van encaixando polo medio a modo de boneca rusa. As dúas novelas teñen o mesmo número de capítulos, pero a segunda é moito máis longa e complexa na trama que a primeira.
Na quenda de preguntas o interese do noso alumnado xirou en torno a cales foron os motivos que o inspiraron para crear esta novela. A oposición popular a calquera guerra e, en concreto, á guerra de Iraq moveu o autor a enfrontarse e indagar neste conflito e no mundo árabe en xeral. As anécdotas que adornaron a súa disertación sobre as posibilidades de narrar con verosimilitude estes feitos fixeron que ficcionase a tribo á que pertence a nosa protagonista, os koblai, sobre todo porque nesta novela tiña que desenvolver unha psicoloxía femenina que fose crible no mundo árabe. XVII Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra
Un ano mais chega a Pontevedra o Salón do Libro dirixido aos mais novos e adicado este ano aos animais de todo tipo. Podedes visitalo do 1 ao 23 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra e ver as exposicións, participar nos obradoiros, asistir a representación de obras teatrais e ás sesións de contacontos. Hai actividades que requiren inscrición previa. podedes consultar o programa neste enlace
Facendo Ioga en 1º de bacharelato
O alumnado de 1º de bacharelato estivo a facer ioga na materia de Educación Física e praticando o "saúdo ao sol". Unha actividade na que tiveron que fotografíarse para analizar a corrección das súas posturas ou asanas fomentando a actitude crítica afin de mellorar os resultados. Os carteis resultantes deste traballo están expostos no hall do instituto.
O saúdo ao sol está considerado como un dos
exercicios de ioga mais completos que hai xa que combina as principais posturas
coa respiración consciente deixando corpo e mente relaxado para comenzar as
actividades cotias. Foi concebido para desenrolar a flexibilidade e a potencia
muscular .
Si vos sentides estresados e non tedes moito
tempo ou ganas de facer exercicio o saúdo ao sol é unha das solucións mais
prácticas: podes facelo na casa ou onde ti queiras, é gratis e só tardarás uns
10 minutos. Probade en época de exámenes, para durmir mellor ou porque senta
tan ben que vale a pena.
Din que o mellor momento para facer o saúdo ao
sol é xusto despois de erguerse (por algo se chama saúdo ao sol) nun lugar no
que ninguén te distraiga. Si nunca practicaches o ioga pode que non te resulten
moi fáciles as posturas pero pouco a pouco o teu corpo se fará mais forte e
flexible.
No artigo de Miguel Angel Bargueño Siete cosas que no sabía del yoga do xornal O País podedes atopar mais información.
GUÍAS DE PRIMAVERA
Para, soñar, para viaxar, para evadirse, para aprender, para pasar o rato baixo o sol primaveral, no autobús, no salón cómodamente sentados, na cama ... aquí vos deixamos as Guías de Primavera.
Participación do alumnado de 4º ESO no Congreso INNOVA FP Galicia
O evento ‘Innova
FP Galicia’ tivo lugar en Santiago de Compostela os días 23 e 24 de febreiro na
Cidade da Cultura de Galicia e reuniu centros educativos, alumnado, profesorado
e empresas vinculados á formación profesional.
Os asistentes
puideron coñecer de primeira man os proxectos de innovación desenvolvidos polos
centros de ensino e alí estaba o noso alumnado de 4º ESO presentando o seu
obradoiro de robótica "RoboticByMe" coa súa profesora Susana
Oubiña. En grupos de 10 interactuaron con diferentes robots para
presentar ó público os proxectos realizados na materia de Tecnoloxía durante o
presente curso académico e chamaron a atención de moitos docentes.
O noso alumnado
aproveitou tamén para interactuar noutros obradoiros relacionados con
diferentes ciclos da FP de Galicia e descubrir cousas novas.
RoboticByMe (Innova FP Galicia) from Susana Oubiña Falcón on Vimeo.
Profesorado e
alumnado valoraron esta actividade de xeito moi positivo. Preguntando ao
alumnado pola súa experiencia responden con expresións como
"xenial", "lo más", "nos dijeron que éramos los
más pequeños y los que mejor lo habíamos hecho" e non hai mais que ver as
súas facianas cheas de orgullo e ledicia para darse de conta que ademais de
aprender disfrutan.
Irena Sendler : O anxo do gueto de Varsovia.
(Varsovia, 15 de febreiro de 1910 - Varsovia, 12 de maio de 2008), coñecida como «O Anxo do Gueto de Varsovia», foi unha enfermeira e traballadora social polaca católica, que durante a Segunda Guerra Mundial axudou e salvou a máis de dous mil cincocentos nenos xudeus practicamente condenados a ser vítimas do Holocausto, arriscando a súa propia vida.
Cando Alemaña invadiu o país en 1939, Irena era enfermeira no Departamento de Benestar Social de Varsovia, o cal levaba os comedores comunitarios da cidade. Alí traballou incansablemente para aliviar o sufrimento de miles de persoas tanto xudías como católicas. Grazas a ela, estes comedores non só proporcionaban comida para orfos, anciáns e pobres senón que ademais entregaban roupa, medicamentos e diñeiro.
En 1942 os nazis crearon un gueto en Varsovia, e Irena, arrepiada polas condicións en que se vivía alí, uniuse ao Consello para a Axuda aos Xudeus, Zegota. Os nazis souberon das súas actividades. O 20 de outubro de 1943, Irena Sendler foi detida pola Gestapo e levada á infame prisión de Pawiak, onde foi brutalmente torturada.
Condenada á morte, Irena historiaybiografias.com puido escapar da prisión grazas a un soldado,quen a axudou, e o seu nome foi apuntado na lista de executados. Ata o fin da guerra, continuou co seu labor baixo un nome falso.
"Só fixen o que había que facer, debín salvar a máis"
Enlaces: https://es.wikipedia.org/wiki/Irena_Sendler, www.mujeresenlahistoria.com/.
historiaybiografias.com
MULLERES A TRAVÉS DO CINE
Todas elas interesantes e algunhas mesmo lindas e moi lindas
The Bostonians (As bostonianas); Reino Unido,1984;
James Ivory
As primeiras sufraxistas bostonianas son burguesas ilustradas que loitan por conseguir a emancipación das mulleres
Lilliann Hellman, futura escritora norteamericana, entabla amizade con Julia, estudante escocesa, pouco antes de que para Europa corran outros malos tempos, o ascenso do nazismo
Linda película!
Libertarias(Libertarias); España,1996; Vicente Aranda
Un grupo de milicianas anarquistas libra a súa propia batalla contra a sublevación militar de 1936
Thelma & Louise (Thelma e Luísa); EE UU, 1991; Ridley Scott
Thelma e Louise deciden tomarse un fin de semana para romper coa rutina das súas viadas. Este seu intento de vivir en liberdade resulta case un drama
Fermosa e moi interesante!
Suffragette (Sufraxistas); Reino Unido, 2015; Sarah Gavron
O movemento sufraxista naceu en Inglaterra pouco antes da Gran Guerra (1914-1918). Eran mulleres que sairon da clase obreira, do proletariado, e que se radicalizan cando ven que as súas pacíficas protestas non servían para nada. Nesta súa loita son incansables e mesmo deciden exporse a perdelo todo. A protagonista loita denodadamente pola dignidade das mulleres
Unha moi linda película actual!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










