Felices Festas e Próspero Aninovo
Tantos días e horas pasados xuntos nos deixan un feixe de lembranzas que seguramente nos producirán nostalxia en moitas ocasións e, noutras, un desexo enorme de esquecer. O pasado forma parte das nosas vidas pero temos por diante tantas cousas que nos agardan! Por iso queremos dexesarvos a todos e a todas unhas felices festas e, sobre todo, un moi feliz ano 2016.
EXPOSICIÓN DE CARTEIS DE "Bobas & Galegas"
FELICITACIÓN DO NADAL do CLUB DE LECTURA
Desde o grupo do Club de Lectura de 2º de ESO desexámosvos un BO NADAL e un PRÓSPERO ANINOVO, esperando que, cando menos, ese vindeiro 2016 nos traia unha boa morea de lecturas que compartir.
Eles andan a desfrutar lendo As mil e unha noites e queren compartir con vós o seu gusto pola lectura e polos momentos conxuntos que pasamos a falar deses libros e historias que nos engaiolan, porque dalgunha maneira nos están ensinando a descifrar este mundo tan convulso que nos rodea.
CONCURSO DE ADHESIVOS 2015-16 do EDLG
O GALEGO REGRESA Ó FUTURO. Outros 100 anos pola lingua.
Coa idea de desenvolver un lema con este tema, desde a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés este curso tentamos recoller o labor do traballo feito polas Irmandades da Fala hai xa, no vindeiro ano, cen anos e darlle un pulo futurible até o 2116 cando menos.
Entendemos que é bo mesturar a idea dun futurible de ciencia ficción coa normalización do noso idioma nun hipotético 2116, se é que fose preciso seguir a profundar nesta arela nese tempo ou simplemente xogarmos coa idea dun Regreso ó futuro, ó igual que na película da que se celebrou o aniversario este ano.
Para combinar estes dous conceptos: ciencia ficción e normalización lingüística, deixamos aquí outros recursos como o de debuxar a R2-D2 da Guerra das Galaxias.
Manifestación contra a violencia de xénero no IES de Vilalonga
O pasado 25 de novembro o IES de Vilalonga fixo patente que rexeita todo tipo de violencia e, coincidindo co Día internacional contra a violencia de xénero, manifestámonos á entrada do instituto alumnado, profesorado e demais persoal do centro. Ogallá non teñamos que escoitar mais novas sobre agresións ou mortes froito da falla de racionalidade da raza humana.
RECENSIÓN DE "Bobas e galegas"
Unha luz tenue e amarela arroupaba o escenario do teatro e as case 200 almofadas brancas que cubrían completamente o chan. Sobre elas, atopábase un home traxado sumido nos seus soños que rompía o silencio con fortes ronquidos, creando un ambiente onírico en toda a sala. Desta maneira daba comezo no Teatro Principal de Pontevedra a representación da obra Bobas & Galegas ofrecida polos actores do dúo cómico "Mofa e Befa" , dirixida polo dramaturgo Quico Cadaval e elaborada por Jesús Aladrén con textos de Andrés de Claramonte, Calderón de la Barca, Francisco de Quevedo e Juan de Zamora.
Trátase
dunha obra didáctica e cómica na que, a través da representación
de fragmentos doutras composicións do Século de Ouro como La estrella de Sevilla, Las visiones de la muerte ou Miseria
dos xornaleiros galegos nos campos de trigo de Castela, trataba
de mostrar a marxinación e o desprezo que sufrían os galegos que
emigraban cara Castela nesa época, facendo un percorrido por todos
os tópicos que atopamos con respecto a este tema.
En
canto á dirección e á actuación, Evaristo Calvo e Víctor
Mosquera logran recitar os versos con naturalidade e interpretar cada
personaxe da obra con grata soltura, transmitindo estas sensacións
ao público. Na explicación do texto inicial, Evaristo compórtase
como un cabaleiro culto, de alto nivel intelectual e vocabulario cheo
de tecnicismos. Con todo, a súa actitude camaleónica permítelle
pasar a ser un criado en La Estrella de Sevilla ou un tolo
famento en Las visiones de la muerte. Mosquera comeza
realizando o papel dun inocente campesiño que se asombra de si mesmo
cando é capaz de crear versos ao poñerse a gorgueira. Pero, do
mesmo xeito que o seu compañeiro, pode cambiar de personaxe con
facilidade e converterse nun fidalgo mentalmente desequilibrado ou
ser un anxo e un demo simultaneamente.
O
deseño de produción, no cal se viron involucrados varias persoas do
equipo, xogou un papel moi importante na obra. O escenario contén os
mesmos elementos que ao comezo: unicamente se modifica cando os
actores moven as almofadas de lugar ou evocan, na representación do
texto de Calderón, un carro cun conxunto de almofadas suxeitas no
aire por dúas cordas vermellas. A iluminación cambia dunha luz
branca a outra máis cálida cada vez que recitan un dos textos ou
para sinalar os cambios de espazo. A música funciona como un
elemento fundamental pois, do mesmo xeito que no Século de Ouro,
utilízase na obra como medio principal para narrar a historia, polo
que tamén conseguen achegar o espectador á época. Para iso, o
director musical, Fernando Reyes, escolle composicións tradicionais
galegas que chegaban a Castela naqueles anos. O vestiario inicial de
ambos os personaxes comeza sendo un traxe marrón claro con camisa e
un pano na cabeza, dando un aspecto rústico. Ao terminar o primeiro
texto, desfanse do traxe, quedándose ata o final da obra soamente co
camisón no que se converteu a camisa, uns pantalóns frouxos e uns
zapatos brancos. Os personaxes utilizan, ademais, unha gorgueira,
instrumentos musicais, unha fouce, unha corda e ás almofadas como
vestiario, obxectos ou persoas.
En
conxunto foi unha obra divertida e amena que en máis dunha ocasión
conseguiu arrincar tanto en min coma no público xenerosas
gargalladas. Pero o máis admirable da representación é que non só
se reduce a unha comedia; detrás dela existe tamén unha lección
moralizadora que pretende denunciar a conduta dos casteláns cara ós
emigrantes galegos, aos que explotaban cando chegaban ás súas
terras no período do Século de Ouro español. Tamén cabe destacar
a interesante mestura de estilos entre as escenas de Quico Cardaval e
as dos clásicos, sobre todo polo labor de Mofa e Befa que, grazas á
súa interpretación, conseguiron que as representacións das obras
clásicas fosen frescas e non tan tediosas como cabe esperar para un
público novo. Quizais o único inconveniente fose que a acción e os
diálogos dos personaxes se desenvolvían demasiado rápido para a
abundante información que contiñan, en ocasións provocando a
dificultade de comprensión. A pesar disto, considero que é unha
obra moi recomendable pola función didáctica que se mestura co
cómico, conseguindo que o público comprenda e reflexione sobre o
significado máis profundo da obra.
Outro escritor galego que nos deixa.
Faleceu hoxe, 27/11/2015, o escritor galego Xosé Neira Vilas, nado en Vila de Cruces (Pontevedra) en 1928.
No ano 2011 tivemos o honor de visitalo e homenaxealo como se lembra nesta entradada da
Praia das Palabras.
No ano 2011 tivemos o honor de visitalo e homenaxealo como se lembra nesta entradada da
Praia das Palabras.
Viviu en Bos Aires e en Cuba onde levou a cabo un importante labor periodístico e cultural relacionada con Galicia
Era membro da Real Academia Galega.
Entre as súas obras destacamos: Memorias dun neno labrego, Xente no rodicio, Nai
e Querido Tomás.
e Querido Tomás.
As túas obras e o teu recordo quedan con nós, ata sempre !
Violencia de xénero
Unha páxina para saber si as vosas relacións teñen elementos negativos que deberiades cambiar e a aplicación gratuita DETECTAMOR que podedes descargar aquí porque como ben amosa Borges
Taller de robótica
A profesora Susana Oubiña realizou un taller de robótica co alumnado de 3º e 4º ESO que desfrutou e aprendeu superando uns retos para facer funcionar os distintos robots como o BeeBot, o BlueBot , o Edison , o S4A , as PicoBoards ou o Leap Motion.
"nAmorAndo"
nAmorAndo from el espejo mágico producciones on Vimeo.
"nAmorAndo" é un vídeo realizado polo alumnado dos centros públicos de 4º de ESO de Pontevedra, que participou no programa do mesmo nome, financiado por este concello. Nel traballáronse diferentes mitos e crenzas erróneas sobre o amor romántico, así como a identificación de comportamentos perigosos na relación de parella.
Trátase dun proxecto de Jone Ojeda. A realización do vídeo é do espejomagicoproducciones.com. e a imaxe e a realización de Juan Carlos Pérez.
Tamén é interesante achegarnos nas aulas ó seguinte artigo: "Así se adaptan as ilustracións dalgúns contos ós novos tempos"
Tamén é interesante achegarnos nas aulas ó seguinte artigo: "Así se adaptan as ilustracións dalgúns contos ós novos tempos"
"Principiñas e Princesiños"
Principiñas e Princesiños from el espejo mágico producciones on Vimeo.
O programa nAmorAndo financiado polo concello de Pontevedra traballou na identificación e expresión das emocións dos nenos e rapaces, na procura de tentar romper con estereotipos sexistas e reflexionar sobre os tópicos do amor romántico.
"Principiñas e Princesiños" é un vídeo que recompila as mensaxes do alumnado de 4º de Primaria dos colexios públicos de Pontevedra.
Trátase dun proxecto de Jone Ojeda (joneojedapsicologa.es) O vídeo foi realizado por el espejo mágico producciones (espejomagicoproducciones.com). Imaxe, edición e realización: Juan Carlos Pérez Ilustracións: Tania Solla Animación: Jose Aragunde.
Para seguir a afondar no estereotipo feminino é interesante tamén o seguinte artigo: "Non son bonita, son forte: o movemento contra os estereotipos das mulleres"
FRAZER EN SANXENXO: LITERATURA E DIVERSIÓN
O día 13 de novembro
os alumnos do IES Vilalonga gozaron do espectáculo do actor-ilusionista Frazer,
no Auditorio Emilia Pardo Bazán.
Á primeira representación asistiron os
alumnos de 1º,2º e 3º da ESO, levaba por título "R2D2 y el caballero de la triste figura". O robot da Guerra
das galaxias fixo as delicias
dos pequenos.
A segunda actuación empezou as
11,30h, a ela asistiron os alumnos de 4º da ESO e de 2º de bacharelato; o seu
título era "Magia y poesia en la generación del 27". Frazer combinou poesía e maxia de
maneira maxistral.
Premio Cervantes 2015
Fernando del Paso Morante naceu en Cidade de México o 1 de abril de 1935, é escritor, debuxante, pintor, diplomático e académico.
Especialmente recoñecido por tres estensas novelas consideradas dos mellores expoñentes da narrativa mexicana do século XX;
tamén escribe poesía, teatro, conto e ensaio.
A semana pasada concedéuselle o Premio Cervantes de Literatura 2015.
GUÍAS DE LECTURA E CINE OUTONO 2015
Aquí vos deixamos uns consellos de lecturas e películas, esperamos que vos gusten.
GUÍAS OUTONO 2015
GUÍAS OUTONO 2015
Titorización Entre Iguais
A finais do curso pasado o Departamento de Orientación realizou unha enquisa ao alumnado, para valorar o estado da convivencia entre iguais no I.E.S de Vilalonga. Como resultado da información obtida a partir desta enquisa, puxemos en marcha un plan para mellorar a convivencia e previr o acoso escolar. Para empezar contactamos, inicialmente, cos institutos máis próximos a Vilalonga e invitámolos a unirse a nós nun itinerario de convivencia tutelado polo Centro de Formación de Profesorado de Pontevedra, dentro dos PFPP (Plans de Formación Permanente de Profesorado). Sumáronse a este proxecto o I.E.S de Bizocas (O Grove) e o I.E.S. Portonovo (Baltar).
Deste xeito comeza a singladura no IES de vilalonga do Programa TEI (Titoriación entre Iguais) cunha primeira fase de formación que estamos a levar a cabo no primeiro trimestre do curso. Na segunda fase que terá lugar a partir de xaneiro, empezará a aplicarse o programa no seo da comunidade educativa. Logo desta experiencia debutante, contamos desenvolvelo durante o próximo curso 2016-2017 e seguintes.
A formación do curso de titorización entre iguais realizase mediante un cursiño e un seminario.
O día 14 de outubro veu impartir a primeira sesión do curso de titorización entre iguais, Andrés González Bellido, psicólogo, orientador do Instituto Front Maritim de Barcelona, experto en acoso escolar e ideólogo do programa.
O programa TEI é un proxecto pioneiro de mellora de convivencia e en contra do acoso escolar que se está implantando en centros de moitas comunidades autónomas.
A súa dinámica fai que o alumnado de 3º de ESO se convirta en titor/a, mediador/a e valedor/a do alumnado de 1º de ESO.
Cada alumno/a de 1º ten en 3º un compañeiro/a a quen contarlle as súas dificultades e os seus problemas e este/a pasa a ser o/a guía que o/a axuda e anima comprometéndose voluntariamente a asumir esta responsabilidade ao mesmo tempo que fomenta unha dinámica de colaboración e de respecto mutuo permanecendo atento aos comportamentos negativos nas relacións entre compañeiros e intentando evitalos. O obxectivo é acadar unha mellora global nas relacións e no nivel de asunción de responsabilidades dos/as alumnos/as.
Andrés González Bellido verbalizou o acoso escolar, falounos sobre a raiz do problema e de como os propios rapaces e rapazas por medio dun cambio na dinámica do grupo, son os máis indicados para evitar, sendo eles e elas mesmos/as mediadores/as, os problemas de relación que poidan xurdir durante a convivencia escolar, creando un ambiente de respecto e colaboración.
O profesorado participante elaboraremos a partir do esquema xeral do programa TEI, unha programación para aplicar no I.E.S de Vilalonga a partir de xaneiro de 2015, e durante os vindeiros cursos.
A súa posta en marcha parecenos que aporta unha estratexia alentadora para mellorar a calidade de vida do alumnado e profesorado no I.E.S de Vilalonga. A nosa intención é levalo a cabo implicando a toda a comunidade educativa. Desexamos que dea bos froitos e teña continuidade neste instituto.
Non deixes de ver os vídeos seguintes, son moi necesarios e ilustrativos.
Aldaolado con "Sempre en Ibiza"
Sempre en Ibiza. Aldaolado from colectivoterra on Vimeo.
Copiado de COLECTIVO TERRA:
“Sempre en Ibiza” é o título do novo espectáculo poético de María Lado(Cee, 1979) e Lucía Aldao (A Coruña, 1982) escrito desde un exilio, o que as desterrou da torre de marfil. Seguen concibindo o recital como unha festa, así que de novo botan man da poesía como escusa para botar unhas risas, ou do humor como pretexto para compartir os seus poemas. E sempre, sempre, condimentan o evento con música en directo . O público son elas mesmas, que atenden desde o escenario ós sorrisos e á emoción de quen se achega a acompalas. Xogan na casa estean onde estean, hai alegría porque a palabra é ilusión. Así no ceo coma en Galiza … sempre en Ibiza!
Charla sobre os riscos da internet
Un axente da Garda Civil visitou o noso centro para alertar dos riscos da internet. Aquí vos deixo un resumo da charla na que os rapaces e as rapazas interviñeron para preguntar dúbidas e compartir experiencias.
As ferramentas que pon á nosa disposición internet son fabulosas pero poden converterse nun arma de dobre fío se non as empregamos ben, xa que non só se empregan para buscar información senón para ameazar, calumniar, inxuriar e violar o noso dereito á intimidade.
Temos que saber que NON SE PODEN SUBIR FOTOS DE MENORES DE IDADE A INTERNET SEN CONSENTIMENTO ESCRITO DOS SEUS PAIS, NAIS OU TITORES LEGAIS, xa que é un delito coas consecuencias que eso leva consigo ante unha denuncia.
Non podemos esquecer que as fotografías que se aloxan na rede xa non se poden quitar.
Ademais, as fotos que subimos a internet levan moita información que se pode obter cun software como a marca do móbil, a data na que foi feita a foto e incluso as coordenadas onde se fixo co que se pode indagar onde vivimos ou realizamos actividades durante o tempo de lecer.
Debemos ter claro que se empregamos as redes sociais ou a mensaxería instantánea xamais debemos aceptar contactos de descoñecidos xa que, para que querería falar con nós alguén que non nos coñece? Quizais o video seguinte poida responder a esta pregunta.
Como vedes é moi sinxelo enganar a través de internet, moitos de vós o facedes dende o momento en que vos rexistrades cunha data de nacemento que non é a correcta para poder ter un perfil en facebook ou outras redes sociais (o facebook a partir dos 14 anos, o watsapp para usuarios maiores de 16).
O axente da Garda Civil deu ademais unha serie de consellos para navegar seguros na rede:
-Cando nos conectamos a través dunha rede wiffi pública ou aberta non debemos facer compras online, acceder á banca electrónica, cambiar contrasinais de acceso, acceder a facturas online, conectarse a redes sociais ou a chats, conectarse en remoto a outros equipos, posto que a rede pode estar intervida e se é o caso poderían acceder ó noso dispositivo e obter fotos, contrasinais ou calquera tipo de arquivo.
-Se abrimos calquera aplicación nun ordenador público hai que cerrar sempre a sesión.
-Redes P2P. A palabra "gratis" en internet non existe e co Emule, o Ares, o Bit Torrent podemos introducir un malware, un virus e infectar o ordenador ó descargar algo.
-Por suposto hai que ter sempre instalado un antivirus -mellor con firewall-(no ordenador, no móbil, na tablet...), actualizar o navegador e mercar só en páxinas con https , sen o -"s" non é segura.
Obradoiros de robótica para o Día da Ciencia en Galego
Mañá comezan os obradoiros de robótica para 3º de ESO e o xoves tócalle a 4º de ESO. A profesora Susana Oubiña Falcón poñerá en contacto os nosos rapaces co apaixonante mundo da robótica. Aproveitamos para conmemorar así que o día 5 de novembro é o Día da Ciencia en Galicia.
CINE. MÚSICA E CANCIÓN. LECTURA. Moita Beleza!
CINE 1) Los exiliados románticos
El resultado no podría haber sido mejor: muchos espectadores han disfrutado de la película al aire libre, a la fresca y contagiándose de su espíritu veraniego, colorido, alegre y leve, que no simple. Porque aunque se camufle en la ligereza y espontaneidad estival, ‘Los exiliados románticos’ es un canto a la juventud, al amor, a la amistad y hasta a la estupidez masculina. Ahora llega a las pantallas españolas y si tienes la suerte de que llega a tu ciudad, podrás revivir los amores y viajes de verano bajo el filtro referencial del cine francés.
MÚSICA e CANCIÓN 2) Amores efímeros
libro asociado ao filme
Rb.
Imos ó teatro con "BOBAS & GALEGAS" da man de MOFA E BEFA
O vindeiro día 5 de novembro imos ó Teatro Principal de Pontevedra con 1º de bacharelato para desfrutar coa obra "Bobas e galegas" da compañía Mofa e Befa. Trátase dunha comedia escrita e dirixida por Quico Cadaval, que se inspirou en textos de Calderón, Lope, Benavente e Zamora.
Este é un vídeos da súa representación no 37º Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro.
É unha obra chea de humor que retrata o tópico dos galegos da época que desenvolvían ocupacións de criados do século de Ouro. A través de situacións nas que se tenta demostrar o seu talento natural para o obediencia e o servizo.
Aquí vos queda outro vídeo sobre a preparación dos actores, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira na arte de falar en verso, dado que os personaxes que interpretan adquiriran no cárcere a enfermidade da transmisión textual, que lles obriga a falar así. Daquela tanto lles dá a redondilla coma o romance, e tamén son capaces de falar a través da silva.
Bos e xenerosos 2015
A Fundación Eduardo Pondal entregou onte os Premios Bos e Xenerosos 2015, que este ano recaeron en Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal, recoñecido científico, investigador e divulgador; Margarita Ledo Andión, catedrática, escritora, xornalista e cineasta; Siro López, artista, debuxante, humorista gráfico e xornalista e Guadi Galego, a cantante, que foi vocalista do grupo Berrogüeto.
Tedes máis información nesta ligazón.
Conmemoración do Día das Bibliotecas
Como non podía ser doutra maneira, o luns 26, quixemos celebrar o Día das Bibliotecas e para iso o alumnado de 4º de diversificación elaborou un cartel, baixou ler á biblioteca un grupo de 1º ESO, mentres que os demais o facían nas aulas e regalamos unhas lambetadas a aqueles que colleron prestado un libro porque, como rezaba no cartel, ler "sabe doce".
"Heterofobia"
"Mundo ao contrario" é o título que ten na súa tradución ó portugués esta curtametraxe, na que se ficciona un mundo onde o normal é ser homosexual e ser heterosexual é unha aberración.
Esta é unha historia contada por unha rapaza que descobre a súa condición sexual e ten que loitar contra unha sociedade, chea de preconceptos sobre a sexualidade. Non atopa, por degraza, ningún apoio, nin nos seus amigos, nin no seu entorno familiar para superar todos estes prexuízos, que finalmente a destrúen.
Premio Planeta 2015
Alicia Giménez Bartlett gañou a 64ª edición dos Pemios Planeta de novela. Recoñecida pola súa serie de Petra Delicado, obtuvo o galardón pola obra "Homes espidos". Esta novela conta a historia de Xavier, un profesor de literatura que se queda en paro, e Irene, unha empresaria que acaba de ser abandonada polo seu marido. Os dous inician unha relación, porén vense obrigados a cambiar as súas vidas drasticamente por mor da crise económica.
Seguro que resultará interesante achegarse a esta autora!
Fai o teu propio test machista con este vídeo
Este vídeo, elaborado coa documentación do Ministerio de Traballo e Asuntos Socias en colaboración coa Fundación Mujeres na súa campaña de Par en Par, serve como test a todas esas condutas do día a día que forman parte da pirámide machista que remata na violencia contra as mulleres.
Trátase da campaña deste ano do SAAMA (Servizo de Apoio e Atención contra o Machismo). O vídeo aproveita as ilustracións do cómic de Neus Nebón (textos) e Tania Acuña (ilustracións) de par… en par, que foi publicado en 2006.
Clica aquí e obterás máis información.
BÚSCASE PROFESORADO VOLUNTARIO PARA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR
Os corredores do noso centro escolar están decorados con este cartel que busca profesorado voluntario para unha viaxe a Londres.
Deixámolo aquí para reflexionar sobre o sentido das actividades extraescolares e a escasa regulamentación que hai das mesmas, quedando todo á vontade duns poucos, que como é lóxico, ás veces, cansan de levar tan pesada carga.
Imos, tamén, gabar o emprego espontáneo da lingua galega deste alumnado, que aínda que introduce algún erro, non é o salientable aquí, posto que cousas moitísimo máis graves escoitamos en películas que se están a estrear neste idioma estes días nas salas de cine deste noso país.
POÑENDO EN MARCHA A HORA DE LER
Empezamos un novo curso e poñemos en marcha a hora de ler seleccionando lecturas de todo tipo (tendo en conta os distintos niveis) como cómic, revistas de divulgación, biografías, narrativa, libros sobre ciencia, etc. e baixando o alumnado para que elixa segundo os seus gustos e preferencias.
Esperamos que os rapaces e rapazas gocen e se enriquezan durante ese tempo adicado á lectura ao longo do curso, xa que como dixo Miguel de Cervantes "El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho"
Premio Nobel de Literatura 2015
Svetlana Aleksiévich é unha periodista de investigación bielorrusa que ten varias novelas publicadas. A súa obra máis celebrada é "Voces de Chernobil", sobre o desastre nuclear de 1986.
Foi descrita coma unha das mellores cronistas do tránsito da URRS a Rusia actual.
Paga a pena achegarse á súa obra.
Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015
A viguesa Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015
A escritora gañou o premio coa súa novela "Escarlatina, a cociñeira defunta",unha obra extraordinaria, humorística e rompedora que destaca pola súa fácil lectura, humor escalofriante, e habilidade para desmitificar o mundo da morte"
Parabéns.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)